Castelao estivo catro meses na Bretaña (Francia) estudando os cruceiros desa terra. Daquela viaxe sairía o libro As cruces de pedra na Bretaña, un estudo histórico, descritivo e a antesala doutra publicación moi coñecida de Castelao,As cruces de pedra da Galicia. Esa estadía é a que percorre un documental dirixido por Alain Pennec con imaxes da Cinemateca da Bretaña e o Centro Galego de Artes da Imaxe que se estreará no marco do Festival Celta de Lorient. É unha das citas destacadas dun encontro que terá lugar do 31 de xullo ata o 8 de agosto. O festival contará con abondosa presenza galega nesta edición, xa que teñen confirmada a súa asistencia desde Carlos Núñez ata Crema de Gaita, pasando por Moxenas Musical Galego, Berrogüetto, Son de Seu ou Xacarandaina.
O Festival Celta de Lorient estreará un documental sobre a estadía de Castelao na Bretaña
Carlos Núñez, Xacarandaina ou Berrogüetto son algúns dos artistas que asistirán ao encontro
21 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Conceptos


