Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient

De festival en festival

26/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Hoxe é un bo día para os afeccionados á música. En Vigo arrinca a edición de primavera do Festival Sinsal coa presenza de Pan Sonic e Salvatore, mentres que en Vilagarcía comeza o Festival do Norte. Placebo, Écho&The Bunnymen, The Divine Comedy son o mais selecto dos catorce grupos dun festival que contará coa presenza de músicos galegos como Manuel Seixas, Neuroband ou Meu. Polo demais, Carlos Núñez e Susana Seivane asistirán a Lorient, o festival celta da bretaña francesa que se sucede do 28 de xullo ao 6 de agosto. E para que non estean sós enriba do escenario, a organización do festival está a gravar un vídeo para dar a coñecer a nosa paisaxe.

Máis información no web do Festival do Norte, no do Sinsal e sobre o de Lorient tamén no seu sitio web

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Susana Seivane, Carlos Núñez, Vilagarcía...