O Festival do Norte en Vilagarcía, o Festitom e o Festival Em Movimento inician a axenda de eventos musicais

Tempo de festivais

12/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Coa chegada do bo tempo comezan a aparecer os festivais. Os amantes do pop teñen unha cita na nova edición do V Festival do Norte, en Vilagarcía, un evento que reúne,o 26 e o 27 de maio, algúns dos grupos máis destacados da escena internacional, como Echo&The Bunnymen ou Placebo. Desde hoxe e ata mañá, A Peroxa (Moraña) acolle unha nova edición do Festitom, o encontro que xa desde 2001 organiza na súa propia casa o cantautor Tom Trovador e ao que convida artistas de todo tipo. Cándido Pazó, o grupo Loretta Martin ou o dúo de Quim Farinha e Heitor Lourenço son algunhas das actuacións previstas. Entre un e outro, o vinte de maio, Oleiros acolle o Festival da Língua "Em movimento", unha iniciativa que reúne música, iniciativas de intervención social actividades de rúa.

Máis información no web do Festival do Norte no Web do Festitom; no web do Festival Em Movimento

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Cándido Pazó, Pop, AGAL...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos