O Festival do Norte e o de Rock no Sar son as citas musicais do mes de maio

De festival en festival

11/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
O mes de maio chega cargado de festivais de música. O primeiro deles terá lugar hoxe e mañá en Compostela. Chámase Festival dos Ritmos do Mundo, o Move’m Cult. O seguinte terá lugar a fin de semana en Vilagarcía, onde se celebra a cuarta edición do Festival do Norte. O evento comeza o venres, remata o domingo e conta coa participación de vinte e dous grupos entre os que está a Fundación Tony Manero, Sidonie, Steelwood, Carlos Jean ou Bunbury. Os eventos musicais rematan o 27 e o 28 deste mes coa celebración da primeira edición do Festival Rock no Sar que traerá a Los Suaves, Sex Museum ou Barricada.

Máis información nas sobre o Festival Ritmos do Mundo en La Voz de Galicia, sobre o do Norte en Galicia Hoxe e sobre o I Rock no Sar en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Sar, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...