Catro concertos traen a Santiago un renovado Festival de Música Antiga

A música vólvese antiga

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Este sábado comeza en Compostela a terceira edición do Festival de Música Antiga. Faino cos membros da Schola Antiqua que dirixe Juan Carlos Asensio e que recupera un programa litúrxico. A seguinte cita terá lugar o domingo na capela do Santo Rosario coa música de cámara de Luigi Boccherini. O cartel continúa o luns co concerto en San Miguel dos Agros no que se fará unha volta á música de tradición oral. A despedida terá lugar no CGAC cun recital de clave de Fernando López Pan. O festival está organizado pola Universidade de Santiago co patrocinio da Deputación

Máis información en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...