La 8 converte en coreografías as experiencias e lembranzas persoais

O proxecto conta co apoio do Centro Coreográfico Galego

22/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
15 lecturas | Compartido 0 veces

Todas as experiencias persoais e as lembranzas de Erick Jiménez desde o seu nacemento ata a súa chegada a Galicia están recollidas en La 8. Trátase do último traballo de investigación apoiado polo Centro Coreográfico Galego que repite esta fin de semana na Coruña, onde xa se estreou no marco do Festival Empape 2009. O proxecto pretende converter as experiencias e as lembranzas en movimento e insírese na liña de darlle a oportunidade a creadores novos de traballar con equipos de intérpretes profesionais. Os trece bailaríns de Giseliña son os profesionais que traballan nesta investigación coreográfica que durou catro semanas.


Do mesmo ámbito

29/04/2010

Bailar con coreografía

Os bailaríns denuncian o abandono do Centro Coreográfico Galego no Día da Danza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Coreográfico Galego, A Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)