Diferentes espazos de Galicia (entre Santiago e A Coruña ) acollerán estes dÃas o peche dun proxecto formativo europeo destinado a coreógrafos. O Centro Coreográfico Galego (a unidade de danza da Axencia Galega das Industrias Culturais ) participa este proxecto desde hai nove meses. O programa, inclúe reunións profesionais sobre produción e distribución de espectáculos cos representantes das produtoras galegas Eme2 e Pista Catro, e sobre creación multidisciplinar con Branca Novoneyra e con Nuria Alonso. Ademais, nunha sesión de coaching sobre a solicitude e presentación de proxectos culturais. O dez coreógrafos chegados de cinco paÃses asistirán as ver as propostas coreográficas de dúas das xornadas do Empape (Festival Internacional de Danza en Paisaxes Urbanas) que se desenvolve esta fin de semana na Coruña.