Felipe-Senén gaña o Pérez Lugín e Manuel Darriba o Manuel Lueiro Rey

Parabéns

Estes días fállanse certames de diferentes disciplinas en toda Galicia. Onte deuse a coñecer o gañador do premio xornalístico Pérez Lugín, un galardón que este ano recaeu no historiador Felipe-Senén. Por outra banda, Teresa Vilariño acaba de acadar o premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades convocado pola Universidade Herculina e o concello de Ferrol. E mentres Manuel Anxo Darriba recibirá este venres o certame literario Manuel Lueiro.

Pérez Lugín




O historiador, conferenciante e investigador Felipe-Senén, acaba de facerse co premio de artigos xornalísticos inéditos Pérez Lugín. Un certame covocado pola Asociación de Prensa de A Coruña e dotado con 500.000 pesetas e un diploma acreditativo. Un premio que se entregará no concello o próximo día 28.











Teresa Vilariño



Teresa Vilariño, profesora da Universidade de Compostela (USC) foi galardoada co premio Concepción Areal convocado pola Universidade da Coruña (UDC) e o concello de Ferrol. O premio, dotado con dous millóns de pesetas, foille concedido pola súa tese de doutoramento "Fenomenoloxía e estilística literaria: o caso español" que defendeu este mes de maio e que recibiu a cualifición de sobresaliente cum laude.



Manuel Lueiro


Con "Veleda do billarista" Manuel Anxo Darriba, xornalista de El Progreso, acaba de resultar gañador da oitava edición do certame Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Un premio convocado polo concello do Grove dotado con 300.000 pesetas e a publicación da obra por "Sotelo Blanco". O segundo premio recaeu en Xabier Cid coa novela "O amor mata máis cás pistolas", dotado con 100.000 pesetas.