A Xunta catalogará as infraestruturas hidráulicas

O proxecto documentará desde construcións tradicionais ata encoros do século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un inventario das construcións relacionadas co aproveitamento da auga, construídas no noso país entre os séculos XVIII e XX, é o proxecto que comezará este mesmo mes de man da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O proxecto, que ten coma finalidade última elaborar unha diagnose sobre o estado das nosas cuncas fluviais, documentará polo miúdo as diferentes estruturas deste tipo que existen no país, e prestará unha especial atención a aqueles elementos cunha especial importancia antropolóxica, sociolóxica ou arquitectónica. No catálogo identificarase e localizarase o ben inmoble, investigaranse os seus antecedentes históricos e farase unha descrición da instalación industrial en desuso. O proxecto conta cun orzamento de 274.130 euros e desenvolverase ao longo dos vindeiros 18 meses.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente