O proxecto Palcos da música cataloga cen destes elementos por todo o país

A iniciativa desenvolve o seu traballo de xeito colaborativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Palco da música de Ourense

Palco da música de Ourense

Hai xa cinco anos botaba a andar o proxecto Palcos da música. Esta iniciativa procuraba documentar, mediante traballo voluntario, as construcións deste tipo, presentes por todo o país e a miúdo pouco valoradas. Agora os seus promotores anuncian que acaban de chegar aos 100 palcos distribuídos pola nosa xeografía, con fotografías, descricións e mesmo datos históricos nalgúns casos. Segundo explican o arquitecto Xosé Ceferino Castro e mais o músico Félix Rodríguez, "chegados a este punto, o traballo de recompilación tennos proporcionado material suficiente como para estar realizando tamén artigos, colaboración na redacción de documentos para a conservación e proxectos de revitalización e dinamización de palcos da música". E é que, segundo aseguran, a finalidade ultima deste proxecto aberto a colaboracións é dinamizar e valorizar estes espazos con actividades culturais.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O patrimonio dos palcos

O patrimonio dos palcos

Unha investigación do INCIPIT revela as singularidades destas construcións que inzan a paisaxe rural galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeografía

Claves

Conceptos