Un congreso achegarase a historia dos movimentos agrarios

O encontro terá lugar no Consello da Cultura Galega do 1 ao 4 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As circunstancias políticas que influiron nas mobilizacións agrarias, a situación da muller no agro, as situacións económicas que rodearon os movementos agraristas e a influencia exercida por institucións como a igrexa, son algunhas das cuestións que abordará o I Congreso Nacional sobre Agrarismo chamado Entre a revolución e a reforma. Cuestión agraria e asociacionismo rural (1874-1939). Unha actividade organizada pola Fundación Luís Tilve, a USC e o Consello da Cultura Galega. Na sede desta última entidade desenvolveranse as xornadas (do 1 ao 4 de xullo) que inclúen tamén unha visita guida ao Museo do Pobo Galego, onde se proxectará o documental O carro e o home.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Documental, Museo do Pobo Galego, USC