O Consello da Cultura colaborará coa Fundación Luís Tilve

O convenio entre as dúas entidades contempla a realización de actividades conxuntas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un convenio entre o Consello da Cultura Galega e mais a Fundación Luís Tilve permitirá a estas dúas institucións desenvolver iniciativas conxuntas. Entre outras posibilidades, o convenio prevé actividades de formación nas áreas de historia e ciencias económicas e sociais, o intercambio de publicacións e materiais didácticos e a mais a súa elaboración, edición e distribución entre outras propostas. A Fundación Luís Tilve custodia o arquivo histórico da UXT e centra a súa actividade na investigación encol do movemento obreiro en Galicia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves