Cultura e a Fundación Pondal dinamizarán Bergantiños e a Costa da Morte

Un convenio permitirá o realizar actividades formativas e divulgativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

As covas célticas, ou o que é o mesmo, os faladoiros-café sobre temas de interese; ou o Festiletras, un programa arredor do Día das Letras Galegas son algunhas das actividades que organizará a Fundación Eduardo Pondal nas comarcas de Berganiños e Costa da Morte. Esas actividades contan co apoio da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través das secretarias xerais de Cultura e Política Lingüística) por medio dun convenio que os responsables de ambas entidades asinaron onte. O simposio Pondaliano, a Universidade Pondaliana Sénior ou a Formacion de monitores en lingua galega son outras actividades previstas neste documento.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Bergantiños, Eduardo Pondal...