O Museo de Pontevedra acollía onte a presentación dos actos que darán feche ao ano no que o Día das Letras Galegas se lle dedicou a Filgueira Valverde. O programa Filgueira Valverde na cultura galega do século XX inclúe ciclos de conferencias, mesas redondas e o xa habitual simposio científico que analiza cada ano a figura do homenaxeado. As actividades desenvolveranse entre o día 10 e o 27 deste mes grazas á colaboración entre a Real Academia, a Fundación Barrié, o Consello da Cultura Galega e mais o Museo de Pontevedra. Esta última institución comeza as actividades os días 10 e 11 con senllas mesas redondas nas que se abordará a relación do autor coa Cidade do Lérez. O 23 tomará relevo o Consello da Cultura onde un encontro analizará o papel de Filgueira en institucións como o Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Padre Sarmiento ou o propio Consello.
O simposio científico que organiza a Real Academia Galega desenvolverase nesta ocasión os días 26 e 27 na sede da institución na Coruña, con intervencións de investigadores como Rosario Álvarez, Xesús Ferro Ruibal, Francisco Fernández Rei, Henrique Monteagudo ou Xesús Alonso Montero e traballará cuestións como o seu traballo autorial ou as achegas que realizou á Filoloxía. O 27 será a Fundación Barrié a encargade de fechar este ciclo cun encontro no que se abordarán cuestións como o traballo de Filgueira no campo da Etnografía e da Historia.
Programa completo do ciclo sobre Filgueira Valverde.O simposio científico que organiza a Real Academia Galega desenvolverase nesta ocasión os días 26 e 27 na sede da institución na Coruña, con intervencións de investigadores como Rosario Álvarez, Xesús Ferro Ruibal, Francisco Fernández Rei, Henrique Monteagudo ou Xesús Alonso Montero e traballará cuestións como o seu traballo autorial ou as achegas que realizou á Filoloxía. O 27 será a Fundación Barrié a encargade de fechar este ciclo cun encontro no que se abordarán cuestións como o traballo de Filgueira no campo da Etnografía e da Historia.