Continúan os pronunciamentos públicos en apoio da presenza do galego no ensino. O máis recente foi o dos tres sindicatos maioritarios, UXT, CCOO e CIG, que anuncian unha concentración diante do Parlamento o vindeiro 23 de xuño co fin de reclamar protección para a nosa lingua. As formacións solicitan que se manteña a obrigatoriedade de facer en galego unha ou máis probas dos procesos selectivos para a función pública. Desta volta foi o Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia o que publicou A interpretación dos soños, un manifesto no que salienta que "Galego e castelán non están en igualdade de condicións, o galego non está no cine, a súa presenza é mÃnima nas TV, non está na inmensa maiorÃa dos xornais, nas radios, na xustiza...", e reclama medidas que garantan a súa supervivencia. Desde a Asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia, pola súa banda, afirman que "calquera intención de situar o galego como un problema no ensino, en calquera etapa educativa, non se corresponde coa realidade e non se sustenta en ningunha razón didáctica ou pedagóxica".