Os ensinantes de ciencias critican o decreto para o plurillingüísmo

Denuncia que o texto supón unha imposición do castelán

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Asociación de Ensinantes de Ciencia de Galicia (Enciga) publica no seu web un manifesto no que critica duramente o decreto para o plurilingüismo no ensino. Segundo este colectivo, que reúne 650 socios, lembra que non ten constancia de ningunha queixa dos seus socios por ter que empregar o galego, así como a menor competencia do alunado nesta lingua fronte ao castelán e a necesidade de a potenciar. Por último, os ensinantes denuncian que o actual reparto das materias por linguas no ensino supón unha imposición do castelán a moitos dos profesores.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ensino, Manifesto, Lingua galega

Claves

Lugares