Colectivos educativos publican un manifesto contra a enquisa do galego

Sindicatos, coordinadoras de normalización e a Mesa cuestionan a lexitimidade do proceso

10/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
20 lecturas | Compartido 0 veces

Unha ducia de entidades vencelladas ao mundo do ensino publicaron hoxe un manifesto cuestionando a lexitimidade da enquisa sobre o emprego do galego nas aulas promovida pola Xunta. O texto nace apoiado polos sindicatos maioritarios, movementos de renovación pedagóxica, coordinadoras de equipos de normalización e directores de centros e mais a Mesa pola Normalización. No mesmo apúntanse cuestións coma que non se pode conseguir a igualdade de competencias en galego e castelán no menos dun 50% de materias na nosa lingua e critícase a metodoloxía da enquisa, que non dá a opción de que todo o ensino se faga en galego.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Ensino, Igualdade, Lingua galega

Claves

Lugares