Conferencias, concertos e certames enchen Galicia de música clásica

Coros e....

28/3/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Fene, Vigo e Lugo son hoxe referencia obrigada en música clásica. En primeiro lugar Fene acollerá mañá as oito un concerto onde os autores galegos son os protagonistas. Pola súa parte, Vigo acollerá o V Certame de Coros Universitarios e, en Lugo, Enrique Viana imparteu onte unha conferencia sobre a conexión Bellini-Verdi. Unha oferta musical, para todos os gustos.

Autores galegos en Fene

Os compositores galegos son os protagonistas no concerto que mañá, as oito da tarde, acollerá a Casa do Concello. O programa do acto consta con dúas partes, unha primeira na que a pianista Margarita Soto Viso, a violonchelista Rediana Lukaçi e o violinista Florián Vlashi, ofrecerán o "Cantol elexíaco" do coruñés Andres Gaos, e unha sonata do compositor Juan Durán (Vigo, 1960). A segunda parte do programa acoolle "Sonata español" do compositor valenciano Joaquín Turina, e as pezas do compositor pontevedrés Manuel Quiroga "Emigrantes celtas" e "Segunda guajira".

Coros en Vigo


Salamanca, Évora e Vigo participarán no V Certame de Coros Universitarios que se celebra na Universidade de Vigo. Un certame que será totalmente gratuito para facilitar o acceso a todos os membros da comunidade universitaria. Os concertos comezarán mañá ás oito e media da tarde no Centro Cultural Caixanova e interpretarán pezas de diferentes estilos e tipos.


Conferencias sobre ópera


Con motivo do centenario do pasamento de Verdi continúan os concertos en toda Galicia. En Lugo, o tenor Enrique Viana estivo o luns actuando no Círculo, e onte aproveitou a súa estadía en Lugo para ofrecer unha charla dentro do ciclo "Unha pequena historia da ópera". A súa conversa versou sobre a importancia da figura de Verdi dentro do panorama operístico. A cita continúa hoxe con "Rigoletto, Trovatores e Traviata: melodía y drama en el teatro de Verdi",unha conferencia que impartirá Daniel Álvarez no salón de Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Lugo, Fene, Ópera...