A Coruña, Lugo e Santiago acolle tres importantes citas musicais estes dÃas. En primeiro lugar, na cidade herculina Milladoiro ofrecerá dous concertos para escolares. En segundo lugar, o auditorio lucense, Gustavo Freire acollerá o folk aragonés da man de Biella Nuei, dentro do programa de "Tribos ibéricas". E para rematar, Maximino Zumalave dirixirá en Compostela á Real FilharmonÃa. Música para todos os gustos.
Para os máis novos
Os máis novos teñen unha cita coa música este venres no Pazo da Ópera da Coruña. Do lado do escenario estará Milladoiro para interpretar temas do seu repertorio, sobre todo do seu último disco, "Augas de Maio", que irán acompañados de explicacións sobre o sentido e valor da música tradicional galega. Este concerto está dentro da programación da entidade financeira Caixanova no seu afán de contribuir á formación musical dos académicos.
Folk chegado de Aragón
O auditorio Gustavo Freire acollerá hoxe a agrupación "Biella Nuei" que ofrecerá un concerto no que recupera instrumentos tradicionais de Aragón para recrear a música modal. Esta formación aragonesa xurdiu en 1984 coa intención de recuperar o patrimonio oral aragonés e transmitilo dentro e fóra de Aragón. Hoxe, de xeito completamente gratuito, Biella Nuei presentarán o seu último traballo, "Solombra", no que darán a coñecer a gaita boto, un dos instrumentos máis descoñecidos de Aragón.
A volta de Zumalave
Maximino Zumalave volve esta noite a dirixir a Real FilharmonÃa de Galicia (non o facÃa dendeo outono do ano pasado na Expo de Hannover). Con Zumalave, o pianista Aldo Ciccolini ofrerán un programa diverso e amplo: a Sinfonetta en fa do compositor galego Fernando Alonso; o Concerto para piano número 5 do autor francés C. Saint-Saëns e a SinfonÃa número 2 en do menor.