A modificación do proxecto da Cidade da Cultura tivo un custe de 21 millóns

O primeiro edificio en inaugurarse será o Arquivo Nacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Converter o edificio de Servizos Centrais no Centro de Investigación do Patrimonio supuxo 3.5 millóns; ampliar o contrato de dirección coa firma Andrés Perea supuxo 2.7... así ata 21 millóns. Isto é o que cuantifica o actual Executivo pola modificación das obras da Cidade da Cultura acometidas polo bipartito para adecualo aos novos contidos. Ademais, o secretario xeral da Consellaría de Cultura, Antonio Fernández-Campa, explicou no Parlamento que os edificios do monte Gaiás iranse inaugurando dun xeito progresivo ata a súa finalización. O primeiro deles será o Arquivo Nacional, onde xa hai xente traballando, seguido da Biblioteca.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Lugares