A Xunta amplía un centro da Cidade da Cultura para aumentar o espazo expositivo

A cidade queda pequena

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

O Museo da Historia da Cidade da Cultura será un 24,4% máis grande do que tiña previsto inicialmente. Un feito que supón un incremento ao cómputo total do custe do complexo de 7 millóns de euros. A súa ampliación foi aprobada no Consello da Xunta, xustificando esa ampliación para gañar metros de superficie expositiva. O conxunto do Monte Gaiás supón tamén outro cambio, o de organización interna da Consellaría de Cultura. O Consello modificou a estrutura orgánica para crear dentro das dirección xerais de Creación e Patrimonio dúas subdireccións e servizos para xestionar a Biblioteca e o Arquivo Nacional.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Lugares