James Lovelock leva o II Premio Fonseca de Divulgación Científica

O británico é coñecido internacionalmente coma autor da Teoría de Gaia

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
James Lovelock leva o II Premio Fonseca de Divulgación Científica

Inventou o cromatógrafo de gases que permite detectar partículas coma os CFCs na atmósfera. Participou no programa da NASA que enviou a sonda Viking a Marte, deseñou diferentes aparellos científicos. No entanto, o traballo polo que é internacionalmente recoñecido James Lovelock é pola súa Teoría de Gaia, que contempla o noso planeta coma un macroorganismo vivinte capaz de se autorregular. Agora, a Universidade e mais o Consorcio de Santiago premia este científico británico, nado en 1919, co II Premio Fonseca, dotado con 6.000 euros e mais unha figura de bronce do histórico reitor.

O premio recoñece tanto o labor científico de Lovelock coma a súa importancia na divulgación da cuestión ambiental. Segundo explicou Senén Barro, reitor da USC, a intención é que a entrega do premio se desenvolva en xuño ou en setembro, a depender da axenda do homenaxado.

O galardón enmárcase no programa de divulgación Conciencia, que se presentou onte e que traerá a Compostela os premios Nobel Jean-Marie Lehn, James Watson Cronin e Roger David Kornberg, que impartirán cadansúa conferencia ao longo das vindeiras tres semanas.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con NASA, Consorcio de Santiago, Nobel, USC...

Claves

Conceptos