Boado recupera a figura do Manturreiro para o Entroido

Unha asociación local documenta este disfraz tradicional

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A seguir a tendencia que nos últimos anos está a tirar do esquecemento todo tipo de figuras tradicionais do Entroido, a localidade de Boado, en Xinzo, está a traballar para recuperar o Manturreriro. Este personaxe, que deixou de sair nos entroidos locais hai xa seis décadas, ía vestido con farrapos que cubrían totalmente o rostro e que se impregaban con excrementos ou lodo. A Asociación Traslaxás está a documentar imaxes e testemuños desta figura para conseguir que volte saír á rúa na vindeira celebración desta festa.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido

Claves

Conceptos