A asociación que organiza a “Festa do esquecemento” en Xinzo condiciona o futuro da festa á implicación do concello

Futuro do esquecemento

24/8/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
18 lecturas | Compartido 0 veces
A posibilidade de que a conmemoración do paso dos romanos polo río Lethes sexa declarada festa de interese turístico local e galego parece ser precisa para a supervivencia desta celebración. A asociación veciñal “Civitas Limicorum” xa organizou en solitario catro edicións desta recreación do paso das tropas de Décimo Junio Bruto polo río que se supuña que lles ía borrar a memoria. Nestes catro anos miles de persoas acudiron a Xinzo atraídas por este festexo, o que reforza as razóns dos organizadores para pedir ao concello unha maior implicación e a aceleración dos trámites de declaración do interese turístico.

Máis información no xornal La Región
e no sitio web da Asociación Civitas Limicorum

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Región

Claves

Entidades