Primeiras publicacións da recén creada discográfica e editorial "Madame MIR"

A estela da Mir

Días antes de que a súa musa, a estación espacial MIR esmorecese para sempre, en Santiago de Compostela apareceu "Madame MIR"; o selo discográfico e editorial que pretende convertirse nunha alternativa dentro do panorama da insdustria cultural galega. Agora, Emma Pedreira co seu "Bestiario de silencios" e Daniel Buján con "O estraño misterio das galiñas desaparecidas" inician a estela da nova

Iniciativa


O novo selo discográfico parte da iniciativa de Manuel Seixas, o escritor músico e profesor, que coa súa aportación pretende darlle novos azos á industria cultural galega. Sen embargo, ben sabe que malia o seu compromiso cultural tampouco se vai librar de criterios mercantís. Nos seus proxectos iniciais está o editar "todo o que lles toque a fibra", sen excluir ningún tipo de xénero literario. De feito, onte a compostelana Galería Sargadelos, serviu de escenario para presentar "Bestiario de silencios" de Emma Pedreira e "O estraño misterio das galiñas desaparecidas" de Daniel Buján.












Comunicar para unha industria



Manuel Seixas ten claro que a cultura non se pode reducir a círculos pechados. Por ese motivo, afirma que o obxectivo do selo que acaba de crear é o de comunicar, de facer arte pero facendo país. Agora ben, considera que non se pode promover calquera cousa polo feito de que estea en galego. Polo demais, o seu selo aportará novos azos á industria cultural galega. Unha industria que non é verdadeira, porque considera que na actualidade se está a manter unha actitude crítica co galego, que ha de ir entrando pouco a pouco polo terreo do sentimento.