Emma Pedreira gaña o IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos

O seu poema Lista da compra da viúva reportaralle 2.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Lista da compra da viúva é o poema co que a galega Emma Pedreira se declarou vencedora do IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos. O xurado do galardón, que convoca Ediciones Nobel, deu a coñecer onte a súa resolución a coincidir co Día Mundial da Poesía. Segundo o fallo, o texto premiado "representa unha poesía da cotidianeidade onde o misterio da vida e das súas milagres se agochan nunha lista da compra, na voz lembrada dunha avoa, nunha lingua pequena onde alenta o ánimo do mundo. Emma Pedreira, a seguir á vez a lección de Rosalía de Castro e de Anne Carson, conmóvenos cun poema que gardamos na nosa memoria".

A autora recibirá un premio en metálico de 2.000 euros e verá o seu poema publicado nun volume canda aos dos trinta finalistas do certame da man da editorial Nobel. A galega impúxose entre un total de 1.093 composicións de 41 países presentadas en 16 linguas diferentes.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Emma Pedreira, Nobel, Rosalía de Castro

Claves

Conceptos