O Consello da Cultura e o Pen Club lembran ao escritor José González Carbalho

O xornalista arxentino Antonio Requeni dará unha charla sobre o poeta no CCG

José González Carbalho foi un escritor notable que do que resulta díficil atopar información. Non hai máis que facer un par de buscas na rede para ver os escasos recursos que hai sobre a súa figura. As poucas mencións que hai levan a Antonio Requeni, un xornalista, escritor e membro da Academia Argentina de Letras, que fixo un traballo de investigación sobre o poeta. E sobre isto falará esta tarde no Consello da Cultura (19:00 horas), cunha conferencia titulada González Carbalho, destacado poeta arxentino de estirpe galega que organizan esta entidade e o centro P.E.N. de Galicia.