Os museos abren en luns para celebrar o seu día

O CGAC desenvolverá un seminario sobre o turismo e outro sobre a diversidade sexual

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Malia que as celebracións xa comezaron esta fin de semana, hoxe celébrase o Día Internacional dos Museos. Unha efeméride que organiza o Consello Internacional dos Museos (ICOM) e que este ano puxo como lema Museos e turismo para por de manifesto o papel que os museos poden desempeñar no fomento dun turismo cultural sostible. O MARCO de Vigo abriu as súas portas esta fin de semana cunha festa encamiñada a público infantil e adulto. O Macuf fixo unha visita guiada nocturna á exposición temporal, así como unha actuación do artista londinense Sthephen Cornford
Como os luns é o día habitual de descanso destes centros, hoxe saltan a norma e abrirán as súas portas. O Museo do pobo faino cun programa de actividades, así como a entrega dun obsequio; mentres que o CGAC desenvolverá dous seminarios, un sobre a diversidade sexual e un taller en torno ao turismo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Turismo, Manifesto, Macuf...