Os museos celebran o seu día abrindo pola noite

A Coruña desenvolve un programa especial co título Baixo as estrelas

O 18 de maio é o Día Internacional dos Museos. Unha cita que estableceu o ICOM (órgano consultivo da UNESCO nesa materia) en 1977 e que este ano decidiu celebralo co lema“Museos e turismo”. De xeito paralelo, o Consello de Europa promove Noite dos museos, efeméride paralela que con pretende dar a coñecer este tipo de centros entre o público. En Galicia, o concello da Coruña foi unha das primeiras entidades en dar a coñecer as súas actividades para estas dúas celebracións neste ano. Co título Baixo as estrelas crear un programa no que os centro abrirán ata as 12 da noite, desenvolveranse visitas guiadas, concertos, arte e proxeccións.