Os libros, os andeis, a popular mesa de braseiro.... todos, absolutamente todos os detalles que compuxeron o gabinete de Ramón Piñeiro volverán estar no seu sitio. Só que en lugar de estar no cuarto andar no número 15 de Santiago, estarán na sede da Fundación Penzol en Vigo. A recreación do gabinete de Piñeiro é posible grazas a Henrique Monteagudo, MarÃa Dolores Cabrera, MerlÃn Comunicación, Rodrigo Roel (encargado das escenografÃas) e a Fundación Penzol, co apoio do Consello da Cultura. Despois de moitos meses de traballo o espazo estará aberto ao público desde esta tarde. Canda esta iniciativa, a celebración do dÃa das letras deixa outras propostas.
Esta semana, os clientes do supermercados Gadis gardarán as súas compras nunha bolsa na que se poderá ler a biografÃa de Ramón Piñeiro. A cadea difundirá catro millóns e medio de bolsas, asà como 25.000 libros en galego co gallo da celebración. Canda isto, a prensa tamén achega o seu gran de area á celebración. La Voz de Galicia, Galicia Hoxe e Atlántico Diario xa anunciaron que o sábado achegarán os seus lectores unha publicación para lembrar a figura do intelectual.