Nace o Consello Galego para a Supresión de Barreiras

Sen barreiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha o Consello para a Promoción de Accessibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas. Este é un órgano consultivo que ten como finalidade emitir informes sobre os anteproxectos lexislativos que aborden este tema e aportar axudas técnicas.

Capacidade de proposta

O novo Consello ten ademais a capacidade de propor ós órganos competentes os criterios de actuación que considere axeitados para a supresión de barreiras arquitectónicas que melloren a accesibilidade das persoas con minusvalías físicas. Tamén realizará o seguimento das denuncias presentadas atne as diferentes administracións neste eido e o cumprimento de prazos de elaboración, revisión e execución dos plans de adaptación e supresión de bareiras.

Composición

Este órgano estará composto por quince membros que representarán a Xunta, as corporacións locais e a aquelas entidades públicas e privadas que teñan intereses nesta materia. A presidencia do Consello corresponderalle a Xosé María Hernández Cochón e a vicepresidencia a directora xeral de Servicios Sociais, Corina Porro.

Que che parece esta nova?
14 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Un sol alumea nas Barreiras

Un sol alumea nas Barreiras

A segunda campaña arqueolóxica no castro vimiancés permite coñecer máis sobre o carácter e o final dun asentamento da Idade do Ferro

Universos

Claves