Recitais, accións artÃsticas, videocreación, música, graffitis ou cinema son algunhas das propostas que se inclúen en Revolta das Letras. O programa, que se desenvolverá en Compostela o 16 de maio, pretende "pór en valor o galego como unha lingua viva, amosando a rica produción cultural que dela se fornece", segundo a concelleira de Cultura da cidade, Socorro GarcÃa. Deste xeito, diferentes espazos acollerán as intervencións de Antón Lopo, Ana Romanà ou Daniel Salgado entre outros. Quico Cadaval guiará unha visita de Turismo Mental, a Quintana será o punto de partida dun Maratón Fotográfico mentres que o Toural acollerá actividades de arte na rúa e na alameda haberá diferentes actividades, un torneo de billarda e concertos a cargo da asociación A Gentalha do Pichel.