Tosar, Monteagudo e Nogueira son os Premios da Crítica

Canda a eles recoñeceuse o Festival de Cans e Nova Galega de Danza, entre outros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Premios da Crítica - Galicia fixo públicos esta fin de semana os galardóns que outorga neste 2009. O filólogo e académico Ramón Lorenzo levou o título de Galego Egrexio polo "seu inquebrantable compromiso coa lingua e a cultura galega". Ao tempo. a Fundación outorgoulle o premio na categoría de creación a Luís González Tosar polo poemario Estúrdiga materia. En investigación recoñeceuse o traballo de Henrique Monteagudo sobre O foral de Caldelas e os primeiros textos en galego. Pola súa banda, Camilo Nogueira foi premiado no ámbito do ensaio por Europa, o continente pensado. Finalmente, Juan Durán Gañou o premio en Música, Nova Galega de Danza o de Ciencias e Artes da Representación e o Festival de Cans o de mellor iniciativa cultural.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Festival de Cans, Nova Galega de Danza, Juan Durán...