A Asociación de Escritores e a Fundación Premios da Crítica homenaxean cos seus galardóns destacados persoeiros da cultura

Choiva de premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A fin de semana veu cargada de premios. Tanto a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) como a Fundación Premios da Crítica deron a coñecer os gañadores dos seus respectivos galardóns. A XXIX edición dos Premios da Crítica de Galicia recoñeceu o labor de Xavier Alcalá no campo da creación literaria pola novela "Nas Catacumbas". Teresa Moure, con "Apalabras das fillas de Eva", levou o de Ensaio; Xosé Ramón Freixeiro Mato fíxose co de investigación polo seu traballo sobre os marcadores discursivos; o festival "En pé de pedra" viu recoñecido o seu traballo no campo das artes escénicas, "Meniños cantores" en Música e a publicación "A Peneira" foi considerada a mellor iniciativa cultural. Pola súa banda, desde a AELG recoñecéronse as obras "As arpas de Iwerddan", de Luz Pozo, "Herba Moura", de Teresa Moure, "Nocturnos" de Manuel Lourenzo, "O reino medieval de Galicia" de Anselmo López Carreira e a tradución de "A estrela da mañá" que fixo Xesús González Gómez como os mellores libros publicados en 2005.

Máis información en La Voz de Galicia en El Correo Gallego e en La Opinión; o premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito