Pepetela, Rivas, Baixeras e Marica Campo, entre outros, levan os premios da Asociación de Escritores

Os escritores do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A xa tradicional Cea das Letras serviu este sábado para que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregase os seus galardóns. O angolano Pepetela foi recoñecido Escritor Galego Universal, mentres que "Os libros Arden mal" levou o premio a mellor obra de narrativa, e "O pan da tarde" de Xabier Rodríguez Baixeras o de poesía. Na categoría infantil e xuvenil triunfou "Abracadabras" de Marica Campo, Antón Lopo levou o de mellor traxectoria xornalística, Manuel Forcadela fíxose co de Ensaio e en teatro gañou "Medidas preventivas" de Gustavo Pernas . A tradución de "Brooklyn Follies", de Eva María Armazán e o "Diario Cultural" da Radio Galega completaron a lista de galardóns.

Máis información no La Voz de Galicia en Galicia Hoxe e no web da AELG

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito