Manuel Rivas faise na mesma fin de semana cos premios da Crítica e Antón Losada Diéguez

Crítica, Blanco Amor e Losada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A última fin de semana de abril resultou pródiga en premios. Manuel Rivas resultou o máis agraciado, xa que se fixo co Premio da Crítica de Galicia pola súa obra "Os libros arden mal", que tamén lle valeu o Antón Losada Diéguez. Os premios da Crítica recoñeceron tamén, a Fundación Granell, o ensaio " A violencia excedente" de Franciso Sampedro e a Asociación Xermolos de Guitiriz, ademais da propia Fundación Premios da Crítica, que facía trinta anos. Pola súa banda nos Losada Diéguez tamén foi recoñecía a obra "Fitotoponimia galega" de Gonzalo Navaza. Ao tempo, fallouse tamén estes días o XXV premio Blanco Amor de Novela, que foi para Xesús Rábade por "Mentres a herba medra".

Máis información en Galicia Hoxesobre os Premios da Crítica e sobre os Losada Diéguez; en La Voz de Galicia sobre estes premios e sobre o Blanco Amor

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Gonzalo Navaza, Ensaio, Asociación Xermolos...