Díaz Pardo recibe o Blanco Torres, Francisco Castro o Blanco Amor e Ramonet o José Couso

Mais, mais premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Esta fin de semana entregáronse varios premios e coñeceuse o gañador do Blanco Amor. Dunha banda, Isaac Díaz Pardo recibía en Cuntis o Premio Blanco Torres de periodismo polas crónicas publicadas en “La Voz de Galicia” dedicándollo “ás xentes que se tiveron que exiliar”. Doutra, Ignacio Ramonet recibía en Ferrol o premio José Couso de liberdade de prensa que o Colexio Profesional de Xornalistas e o Club de Prensa lle outorgaron ao medio que dirixe, “Le Monde Diplomatique”. Por último, o escritor vigués Francisco Castro foi galardoado co premio “Blanco Amor” por "Spam", unha novela na que alerta sobre a cara menos agradable da rede.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Blanco Torres e o Blanco Amor, sobre o José Couso en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Castro, La Voz de Galicia, Isaac Díaz Pardo, El Correo Gallego...