Rosa Aneiros e Antón costa fanse cos premios Antón Losada Diéguez

Premios en plural

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os premios Losada Diéguez xa teñen gañadores. Trátase de Antón Costa por “Historia da educación e da cultura de Galicia” na modalidade de investigación e de Rosa Aneiros por “Veu visitarme o mar” na de creación literaria. Os premios entregaranse o vindeiro 11 de xuño na localidade natal de Losada Diéguez, en Moldes, concello de Boborás. Por outra banda, o xornalista lucense Manuel Darriba vén e facerse coa XIII edición do premio Espiral Maior de Poesía co libro “Vostede non sabe con que está a falar” presentado baixo o lema Anticlásica. O premio non ten contía económica senón a publicación da obra. Por último, a feira do libro que vén de pechar a súas portas en Santiago anunciou que contará na súa programación do vindeiro ano co Premio de Poesía Luísa Villalta.

Máis información sobre o premio Losada Diéguez no Galicia Hoxe, sobre o premio Espiral Maior de Poesía en La Opinión e sobre o premio Luísa Villalta en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Rosa Aneiros, Luísa Villalta, Espiral Maior...