Méndez Ferrín e Manuel Ferreiro fanse cos premios Losada Diéguez mentres Ana Garzón gaña o Premio de Investigación en Estudos Celtas

Invención e investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O retorno de Ferrín á poesía logo de anos de silencio, a obra "Contra Maquieiro", valeulle ao autor ourensán o premio Antón Losada Diéguez de creación literaria na súa XXI edición. O xurado galardoou tamén á edición de "Os Eoas" de Pondal que realizou o filólogo Manuel Ferreiro no apartado de investigación. Ao tempo, a Fundación Ortegalia daba a coñecer esta fin de semana o gañador o seu II Premio de Investigación en Estudos Celtas. A obra "Deirdre, a orixe celta da traxedia amorosa" de Ana Garzón foi a seleccionada.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia sobre o Losada Diéguez; sobre o Premio de Estudos Celtas

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celta, Manuel Ferreiro, Méndez Ferrín, Poesía...