Os Premios da Crítica recoñecen a Agustín Fernández Paz e Guadi Galego

Tamén foron premiados Xaquín Marín, Xosé Ramón Pena, Cineuropa, A Panadaría e Miguel Pena

O Hotel Os Escudos de Vigo acollía o pasado sábado o encontro no que se deron a coñecer e se entregaron os Premios da Crítica 2015. Estes galardóns, que organiza a Fundación Premios da Crítica desde hai trinta e oito anos, recoñecen "os labores individuais ou colectivos que cada ano cristalicen en achegas relevantes para os diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia" e son seleccionados por xurados de especialistas en diferentes ámbitos. Neste xeira, o galardón de Creación Literaria foi para A viaxe de Gagarin de Agustín Fernández Paz, mentres no ámbito da investigación recoñeceuse a Historia da Literatura Galega II. Rexurdimento de Xosé Ramón Pena. O festival Cineuropa foi galardoado como mellor iniciativa cultural de 2015, mentres o traballo Gaudi Galego levou o Premio de Müsica.



O xurado de artes plásticas outorgoulle o seu galardón a Xaquín Marín, e é de destacar que os outros finalistas deste apartado eran o autor de banda deseñada David Rubín e o creador de arte urbana Liqen, o que levou a primeira liña xéneros pouco consideradas neste tipo de galardóns. Finalmente, no apartado de Artes Escénicas e Audiovisuais considerouse a montaxe Pan, pan de A Panadaría Teatro como o máis destacado do ano, mentres no ámbito de gastronomía valorouse o traballo do blogueiro Manuel Vila Colineta.