Os Premios da Crítica recoñecen a Luísa Villalta e o filme "Mar Adentro", mentres Gustavo Pernas gaña o Rafael Dieste de teatro

A crítica en positivo

"En concreto", poemario da finada Luísa Villalta, foi galardoado este sábado co Premio da Crítica á Creación Literaria. O xurado facía público tamén no Centro Cultural Caixanova de Vigo, o galardón no campo da investigación a Antón Costa Rico pola súa "Historia da educación e da cultura en Galicia". "O demo meridiano" deulle Xosé Chao Rego o premio na categoría de ensaio e pensamento, o Ano da Música de Pontevedra foi galardoado como mellor iniciativa no campo da música, e o filme "Mar Adentro" levou o premio de Ciencias e Artes da Representación pola súa representación de Galicia "sen estereotipos", segundo o xurado. O Padroado da Fundación Premios da Crítica elexiu no mesmo actoa Galego Egrexio 2005 a Xesús Alonso Montero recoñecendo así o seu "labor docente e académico": Por outra banda, Gustavo Pernas facíase por segunda vez o pasado venres co premio Rafael dieste de teatro, coa súa obra "Final de película".

Máis información sobre os Premios da Crítica en Galicia Hoxe; sobre o premio de teatro en El Correo Gallego