Os Premios da Crítica recoñecen a Murado, Beramenti e Quessada

Crítica XXXI

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A trixésimo primeira edición dos Premios da Crítica de Galicia resolveuse o pasado sábado en Mondariz. “O soño da febre” de Miguel Anxo Murado foi a mellor obra literaria, mentres “De provincia a nación” de Xusto Beramendi viuse recoñecido no apartado de investigación e o falecido Xaime Quessada levou o premio de Ciencias e Artes. “Arte e Parte” de Xurxo Borrazás impúxose na categoría de pensamento e ensaio, a colección “A Tiracolo” de Ouvirmos gañou o premio da música e o Arquivo do Reino de Galicia foi considerada polo xurado como mellor iniciativa cultural.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Anxo Murado, Reino de Galicia, Ensaio, Premios da Crítica de Galicia...