Suso de Toro leva o Premio da Crítica á Creación Literaria

Manuel Forcadela, Miguel Barros ou a Casa das Ciencias tamén foron galardoados

A Fundación Premios da Crítica de Galicia deu a coñecer a noite do pasado sábado os gañadores da XXXIII Edición dos seus premios. Desta volta, a obra Sete palabras de Suso de Toro levou o galardón á Creación Literaria, mentres no campo de Ensaio e Pensamento foi A mecánica da maxia de Manuel Forcadela a obra premiada. Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo de Miguel Barros, fíxose co galardón á investigación, Enrique Acuña foi gañador na categoría de Artes e Ciencias da Representación, e a obra Ars Gallaeciae Musicae, na de música. A mellor iniciativa cultural foi a Casa das Ciencias e, como xa se anunciara, o maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado foi galardoado como Galego Egrexio.