A vixésimo sétima edición dos Premios da CrÃtica de Galicia, un dos galardóns máis importantes na cultura do paÃs, seleccionou o pasado sábado “Anxos de Garda”, coma mellor obra na categorÃa de Creación Literaria. O libro é unha compilación das colaboración semanais que Anxos Sumai realiza co mesmo tÃtulo en culturagalega.org. Nos mesmos galardóns recoñeceuse o traballo de Manuel Mandianes na categorÃa de ensaio e pensamento, de Manuel Caamaño no eido da investigación, de Amador Santos no apartado de música, do Museo de Lugo nas ciencias e da Fundación Pedrón de Ouro coma mellor iniciativa cultural. Nestes dÃas, a Xunta tamén deu a coñecer tamén o nome dos galardoados co Premio das Letras e das Artes, que foi para o pintor e escultor Leopoldo Nóvoa, mentres o Cardeal Rouco e Luz Casal foron algúns dos galardoados cos premios Vieira de Prata deste ano.
Máis información sobre os Premios da CrÃtica en La Voz de Galicia e en La Opinión; sobre o Premio das Letras e das Artes en La Voz de Galicia