O teatro, a edición e as bibliotecas encabezaron o crecemento cultural en 2007

O Observatorio da Cultura presenta unha nova edición do Anuario de estadísticas culturais

A facturación media por compañía teatral foi en 2007 de 2.950€, un 21,3% máis do que no ano anterior. A edición de libros incrementouse nun 17,3%, ata 3.376 títulos e o número de socios nas bibliotecas un 9,2% (69.226 persoas). Pola súa banda, a creación de empresas dedicadas ao ámbito cultural incrementáronse nun 7% durante este período, chegando ás 3.565. Estes son os indicadores máis positivos da nosa cultura para ese sano, segundo os datos do Anuario de estadísticas culturais 2007 que presentaba esta mañá o Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega.



Canda a estes, o volume recolle datos sobre os sectores que evolúen negativamente, encabezados polo cinema, que perdeu o 11,4% dos seus espectadores e as visitas a museos, que baixaron un 7,3%. En total o gasto público en cultura chegou aos 311 millóns de euros, mentres os consumo cultural das familias totalizou 732,1 millóns, o que supón destacados incrementos respecto a períodos anteriores.


Resumo executivo do informe.