Os responsables da xestión cultural contarán cun plan de formación específico

Abrir unha vía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Anuario de Estadísticas Culturais 2006 que edita o Observatorio da Cultura Galega apunta que existen en Galicia máis de 24.000 persoas que se dedican á xestión cultural. Uns profesionais para os que a Consellaría de Cultura acaba de presentar “Vía Cultura”, un plan de formación divido en dous semestres. Diferentes expertos analizarán temas como “A acción cultural na xestión do territorio”, a necesidade de “Repensar o tecido asociativo”, o labor de “Comunicar en cultura”, os “Modelos de xestión de equipamentos culturais”, a “Innovación e creatividade aplicada á xestión cultural” así como visitas a espazos de referencia de Galicia, Portugal e España.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Observatorio da Cultura Galega, Portugal

Claves

Lugares