As empresas culturais resisten na crise mellor que a media

O Observatorio da Cultura analiza o Indice de Rendemento do Trinomio Economía+Cultura+Creatividade (IRTECC)

16/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
21 lecturas | Compartido 0 veces
As empresas que se dedican á cultura e á creatividade teñen un mellor comportamento ante a crise do que a media. Así o aseveran os datos do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega que presentou esta mañá Hakan Casares no Encontro Economía e Cultura, que se desenvolve no Monte Gaiás. Os datos, que comprenden ata 2010, apuntan que as empresas incluídas neste índice medraron ata ese ano, se ben a porcentaxe oscila entre o 1,63% de 2008, o 10,65% de 2009 e o 0,35% dese último ano.
Na súa análise, o Observatorio creou o Indice de Rendemento do Trinomio Economía+Cultura+Creatividade (IRTECC) e aplicoullo tanto ás empresas galegas como internacionais, verificando resultados semellantes no período estudado.

A teor destes datos, no Observatorio conclúen que estas empresas "son produtivas e eficientes, ofrecen servizos e produtos atractivos, teñen potencial de crecemento, semellan comportarse relativamente ben dende o inicio da crise económica e teñen un comportamento mellor que as empresas incluídas noutros indicadores".

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego