Fogares cada vez máis audiovisuais e cibernéticos

Galicia continúa a medrar tamén no consumo de libros e publicacións periódicas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nun contexto de consumo cultural crecente, Galicia desmárcase da media estatal no cnsumo de libros e publicacións periódicas. Mentres en moitas comunidades autónomas o consumo de libros e publicacións vai lixeiramente á baixa, como en Cataluña, en Galicia o gasto en cultura impresa subiu un pouco entre 2007 e 2008. Así o revela o Anuario de estadísticas culturales 2009 do Ministerio de Cultura no seu epígrafe de gasto de consumo cultural dos fogares.

O informe reflicte datos de 2008 que permiten a comparación cos mesmos datos do 2007. O incremento máis grande dase no equipamento de Internet, de 3.433 a 4.098 millóns de euros no conxunto de Estado. En Galicia, o consumo cultural dos fogares galegos incrementouse nun 6,5% no último ano, sendo o gasto medio por fogar de 832.5 euros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O recorte comeza polos libros

O recorte comeza polos libros

Un informe do Observatorio da Cultura Galega revela que as familias investiron 15.3 millóns menos en gasto en libros en 2012

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Cataluña, Internet, Medios de comunicación