Créase un foro de debate en Xinzo e a Agrupación Auriense renóvase

Movemento nas asociacións ourensáns

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A asociación cultural de Xinzo Civitas Limicorum ven de por en marcha un foro de debate sobre a pegada romana na localidade. Pola súa banda, a Asociación Cultural Auriense, da capital da provincia, vai transformar a súa sede nun café cultural que achegue á sociedade as diferentes actividades que levena cabo.

Unha de romanos

Xinzo de Limia contará cun foro permanente de debate sobre a influencia da cultura romana na zona organizado pola asociación Civitas Limicorum. Con este foro preténdese que a localidade tome consciencia da súa transcendencia como un dos principais enclaves romanos no noroeste ibérico. Ademais, a asociación prevé organizar para este verán a "Festa do esquecemento" que transforme por un día Xinzo nunha vila romana. O nome da festa provén da lenda que atribuía ó río Lima a capacidade de provocar amnesia en quen o cruzase.

Un café (cultural)

A Asociación Cultural Auriense adaptarase ós novos tempos transformando a súa sede social nun café cultural do mesmo nome. Hoxe realizarase a inauguración do local, que contará con programación continuada ó longo de todo o ano, incluindo concertos, tertulias, espectáculos e exposicións. Paralelamente a estas actividades, a asociación manterá unha programación máis centrada na calidade que na cantidade e que pretende cubrir espacios baleiros na programación cultural. Tamén onte se produciu a renovación da xunta directiva, que pasará a dirixir Millán Picouto.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Exposicións, Xinzo de Limia