Os historiadores da arte afondan nas relacións con outras profesións

O encontro desenvólvese ata mañá na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Rehabilitación, produción artística, xestión cultural e divulgación son disciplinas tanxenciais da arte. E sobre elas pretenden reflexionar a Asociación de Historiadores da Arte no seu segundo encontro de traballo. Co título O traballo co Patrimonio Cultural desde diferentes perspectivas profesionais realizaranse catro mesas de traballo que rematarán cun foro de debate sobre as carencias e necesidades dos profesionais do sector. O encontro rematará cunha mesa de presentación de proxectos por parte dos socios da asociación.

Que che parece esta nova?
12 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia